O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

22 de abril de 2021

Andrea Maceiras de novo

Premer na imaxe 

Hoxe na víspera do Día do Libro, Andrea Maceiras visitounos aínda que de xeito virtual. Andrea xa nos visitara noutras ocasións e coa experiencia que nos da este dato podemos dicir que estamos encantados.

 Os alumnos dos dous grupos de 3º ESO disfrutaron da súa compaña e da súa experiencia como escritora, eso sí coas debidas medidas de afastamento nas súas aulas, como non pode ser doutro xeito. 

A proposta de O que sei do silencio supuxo unha chamada de atención aos rapaces para que non den a espalda a comportamentos insolidarios e pouco recomendables, todos somos aqueles que son esquecidos, abusados e insultados, non podemos mirar cara outro lado e Andrea Maceiras coa súa obra nos fai reflexionar do noso papel na sociedade.

Despois da presentación da autora por rapaces de 3º iniciouse unha charla moi placentera na que pensamos que Andrea estivo cómoda, os rapaces encantados coma sempre pois a autora xa estivo con nos en outras dúas ocasións e con outros grupos.

Esperamos que Andrea siga despertando en nos tantos sentimentos e que nos siga engaiolando coa palabra.

Vos deixamos o vídeo da entrega do Premio dos Clubs de Lectura 2020 que se lle fixo entrega en novembro, cando se puido nas Xornadas de Bibliotecas Escolares.


20 de abril de 2021

Brújulas que buscan sonrisas perdidas


«Jamás nos mentiremos… Escúchame bien, eso implica algo más que ser sincero… En este mundo mucha gente es falsa… Las mentiras te rodean… Saber que existe un archipiélago de personas que siempre te dirán la verdad vale mucho… Quiero que formes parte de mi archipiélago de sinceridad…

»Saber que puedes confiar en la otra persona, que nunca te mentirá, que siempre te dirá la verdad cuando se lo pidas, no tiene precio… Te hace sentir fuerte, muy poderoso…

»Y es que la verdad mueve mundos… La verdad te hace sentir feliz…La verdad creo que es lo único que importa…»

El amor verdadero, la familia, la venganza, las segundas oportunidades, la sinceridad… En su nueva novela, Albert Espinosa nos sumerge en una emocionante historia protagonizada por unos personajes inolvidables que nos harán reflexionar y descubrir lo que es realmente importante en la vida.


6 de abril de 2021

O que sei do silencio


«Chámome Delia e son unha covarde. Esta é a historia de como acosamos a Silke durante os meses que estudou no noso instituto. E de como todo se nos foi das mans. Das miñas mans inútiles. E das manipuladoras mans de Xulia, Lara e Daniela. Das mans indiferentes de Marcos. Das sucias e miserables mans de Vítor. Das indecisas mans do meu irmán Iago. Diso vai este blog que acabo de abrir. Dos meses que pasei en silencio. Do que aprendín naqueles días da crueldade e da covardía. Isto é o que sei do silencio.»
 "O que sei do silencio" é o relato estremecedor de como Delia se converteu en acosadora pasiva dunha rapaza inocente de 3º da ESO.
Historia inspirada libremente nun suceso real, afonda dende voces diversas na xénese, desenvolvemento e consecuencias dun caso de acoso escolar. Unha novela necesaria que achega azos a todas aquelas persoas que ignoran o silencio e se fan fortes a si mesmas e ás demais a través das palabras.

Andrea Maceiras: «As redes sociais amplifican un problema, o do acoso escolar, que antes quedaba só nos centros.»  Entrevista no blog Palabra de Gatsby
 Entrevista coa autora para OcultaLit.


30 de marzo de 2021

Contos de Marineda


Esta obra nos inspirará para asistir ás XVIII Xornadas Literarias do Concello de Neda este ano homenaxeando a Emilia Pardo Bazán.

Os contos de Emilia Pardo Bazán están todos ambientados en  Marineda de Cantabria, unha ficticia capital de provincia que reflicte a realidade galega dos séculos  XIX e  XX e imita á Coruña.

Nunha ocasión, Leopoldo Ás « Clarín» afirmou que Emilia Pardo Bazán era «un dos españois que máis saben e mellor entenden o que ven, pensan e senten. Tratar con ela é aprender moito». A crítica adoita estar de acordo en afirmar que onde mellor recóllese a súa habilidade como escritora é, precisamente, nos seus contos —valentes, modernos, de impecable factura—. Ler estas pezas supón unha grata sorpresa. Emilia Pardo Bazán é sen dúbida una das autoras máis fecundas que produciu a literatura de todos os tempos. Notables polo seu número, os contos de Emilia Pardo Bazán, o son tamén pola diversidade dos seus temas e motivos

 Escolla dos contos pola Biblioteca Virtual Cervantes. 

Copia dixital en Galiciana.

Recensión en Un lector indiscreto


25 de marzo de 2021

Mentira


Xenia loita por sacar as mellores notas, estimulada pola ilusión de entrar en Medicina, pero ultimamente o seu rendemento académico está baixando. O que ocorre é que Xenia se namorou, pero non dun rapaz do seu redor, senón dunha pantasma, dunha voz que xorde da Internet e coa que comparte a súa paixón pola lectura. Xenia pretende coñecer o seu amor virtual, pero el non quere concertar unha cita. Entón decide localizalo e presentarse ante el por sorpresa. Cos poucos datos de que dispón, inicia unha investigación e descobre que todo é mentira: nin a foto nin o nome do rapaz son reais. Cal é a verdadeira identidade da súa alma xemelga?  

Arrepentida polo abandono dos seus estudos, confésallelo todo aos seus pais, convencida de que foi vítima dalgún desaprehensivo. Pero, de forma inesperada, recibe un paquete que lle vai revelar a identidade do rapaz co que compartiu as súas máis íntimas emocións. Procede do cárcere de menores e contén a historia dun asasino. 


Leer o primeiro capítulo.