O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

24 de octubre de 2018

Roteiro da obra Todo isto che darei



Galería de fotos

  Roteiro Todo isto che darei

Este sábado 20 quedará marcado na nosa memoria como unha data inesquecible: percorremos as localizacións da novela de Dolores Redondo Todo isto che darei (#TodoEstoTeDaré) que leramos o curso pasado.
A selección da data foi precipitada polo que non todos os membros do club puideron acompañarnos pero por eles bridamos para poder voltar.
O día foi maravilloso pois pese a estar a finais de outubro a temperatura era moi cálida e máis no microclima da Ribeira Sacra.
Contamos coa guía de Beatriz Pérez quen nos fixo unha visita do máis amena e agradable.
Para comezar visitamos o Pazo de Santa Cruz de Rivadulla en Vedra, lugar onde Álvaro pasa a súa infancia e Manuel coñece a vida da familia. Nos xardíns deste lugar paradisíaco atopamos non só gardenias como na novela senón unha mostra de camelias fantástica, de feito teñen hoxe en día un viveiro de referencia en Galicia, árbores exóticos como o Ombú, oliveiras centenarias, un bosque de bambú, fentos ... ademais de cascadas, estanques e mostra dos xardíns do século XVII.
Logo de Vedra nos diriximos ata Chantada pasando pola recta do accidente de Álvaro e na vila recorrimos o seu casco vello, as rúas máis significativas ata a Casa da Cultura datada de 1551. Comemos noutro lugar con historia Os Pendellos, recomendable pola boa cociña, agradable ambiente e pola peculiaridade do local, son os cobertizos da feira restaurados.
Saímos de Chantada cara á Ribeira Sacra pasando pola igrexa dSanto Estevo de Ribas de Miño
finalizamos o roteiro en #LaHeroicaVia Romana Adegas e Viñedos onde Luis nos mostrou a adega e viñedos; nos achegou a cata do D.O. Ribeira Sacra e por suposto contounos anécdotas da autora e dos personaxes da obra, Mario-Ángel.
E así rematamos a nosa viaxe cun sol explendido, como se ve nas fotos, e mellor compaña tanto dos visitantes como de Beatriz e Luis quenes nos recibiron con gran xenerosidade.

Todo un pracer!

No hay comentarios: