Un home rememora o episodio que marcou a súa infancia: a desaparición do criado Nicolás mentres os dous pescaban, arrastrado ao fondo do mar por un mítico polbo xigante. Nun primeiro momento, o rapaz cre o que lle conta a Delfina: que o polbo non é outro que o xastre de Agüeiros, amante da troula, reencarnado e en busca que compañeiros de festa.
Co tempo, e tras moito debate con Delfina, o mozo deixará de crer a historia… ou non de todo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario