O protagonista desta historia, Cali, é un rapaz que vive en
Embívicus, unha desas vilas que ten de todo e non posúe nada, na que só ten
importancia o que xira arredor do seu embigo... Só que o embigo, neste caso,
non ten unicamente senso figurado, tamén é real, trátase do misterioso furado
que hai no centro da praza da vila. Qué agacha ese embigo, a qué misteriosos
acontecementos dará pé, en qué aventuras se van ver envoltos Cali e mailos seus
amigos de Embívicus, son cousas que os lectores desta divertida novela poderán
descubrir. Malia todo imos dar uns adiantos breves: Cali, o noso heroe, hase
namorar dunha rapaza antes de coñecela, tamén ha tentar, armado coa ousadía e a
teimosía da mocidade, que os veciños das dúas vilas do relato --Embívicus e
Figueiras--, rivais dende hai séculos, deixen de odiarse.
Velaquí a historia de
dúas cidades, un relato con personaxes e situacións de hoxe que ben pode ser de
sempre ou non acontecer nunca.
Recensión do autor Xosé Antonio Perozo
Recensión do ilustrador Pepe Carreiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario