Hadrián Barcés, matemático e gran soñador, decide realizar
unha viaxe dende Pequín a Nova York coa intención de comprobar a veracidade do
conxunto de teorías coñecidas como “Efecto Bolboreta”, acuñadas por científicos
como James Gleick e Edward Lorenz a partir do proverbio chinés: “o bater das ás
dunha bolboreta pódese sentir ao outro lado do mundo”. Hadrián recollerá no seu
diario as detalladas anotacións desta aventura científica e solitaria polo
mundo enteiro na que conseguirá resolver algunhas das súas incógnitas, sufrirá
moitas penurias e decepcións, vivirá acontecementos inesperados e mesmo atopará
neses vieiros o rostro fermoso da bolboreta do amor, o símbolo de todos os seus
soños. O Proxecto Bolboreta é un xeito diferente de vida, un soño que merece
ser cumprido.
Premio Certame Micronovela Concello de Soutomaior 2007
E para rematar a invitamos compartindo a súa visita cos alumnos de 3º e 4º da ESO que leron Nubes de evolución:
No hay comentarios:
Publicar un comentario