O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

25 de noviembre de 2014

O hobbit

Bilbo Bolson é un hobbit, pacífico, caseiro, como son todos oshobbits, non fan nada impredicible e non dan que falar aos seus veciños. Un día anúnciaselle que o mago Gandalf iría a visitalo, pero... antes da chegada do mago acoden á súa casa de improviso, un tras outro ata un total de trece ananos que empezan a desbaratar a súa pacífica, ordenada e caseira existencia. Non sabe moi ben como, Bilbo acaba sendo contratado como saqueador da expedición, cuxo destino é recuperar un tesouro gardado no interior dunha montaña e custodiada polo gran dragón Smaug. Polo camiño encontraranse con trolls, orcos, lobos, arañas, elfos, serán hóspedes do home-oso e veranse prisioneiros dos elfos do Bosque Negro. No medio de todas estas aventuras Bilbo encontra algo, un anel que máis tarde adquirirá unha importancia inimaginada polo seu autor


Blog oficial das películas.

Orixe:

J.R.R. Tolkien, un profesor de anglosaxón na Universidade de Oxford, encontrouse cunha folla en branco corrixindo uns exames. Nela escribiu " In ahole in the ground there lived a hobbit" (Nun burato no chan vivía un hobbit) sen saber nin de onde lle viñera a inspiración nin o que un hobbit era. Estabamos aproximadamente en 1929, e aínda que non soubese Tolkien que era un hobbit, a Humanidade soubo ata moito despois, que o autor xa imaxinara todo un mundo mítico que serviu como substrato para este relato colateral que non tiña máis pretensión que a de entreter os seus catro fillos.

Afortunadamente, o relato rematou nas mans dunha ex-alumna do profesor que traballaba na editorial Allen&Unwin, quen pediu aTolkien que rematase o conto. Corría 1936 cando o manuscrito chegou a Stanley Unwin, e ao seu fillo de 10 anos, Rayner. Ante a reacción de entusiasmo do neno, a novela acabou publicándose en 1937.


No hay comentarios: