O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

7 de outubro de 2019

O hobbit

Ó hobbit Bilbo Bulseiro gústalle a vida cómoda e tranquila do seu burato-hobbit, onde almorza, merenda e cea varias veces ó día. Pero a inesperada visita do mago Gandalf fai espertar no seu interior o espírito aventureiro dos seus devanceiros. Deste xeito ve trascadeada a súa vida cotiá e, sen saber moi ben como, emprende unha longa viaxe con trece ananos barbudos en dirección ás Montañas para recuperar un tesouro roubado polo dragón Smaug, esquecido hai moito tempo.

Coñece máis sobre a triloxía de 
O hobbit en Nova Zelanda.
inspiración de O Hobbit xurdíu dun exame en branco.

Trailer:




Para más información:


4 de outubro de 2019

Comezamos o novo curso lector!


Esperamos que disfrutedes coas obras que temos preparadas, pero antes precisamos a vosa opinión para facer unha escolla máis efectiva. Contestade ó cuestionario e ... felices lecturas!

27 de xuño de 2019

Derradeira sesión cos adultos


Como ven sendo habitual, a derradeira sesión do grupo de adultos a fixemos diante do mantel nun local fantástico con vistas á ría de Ferrol, nesta foto estamos na sobremesa enriba do pantalán do Nautic en A Graña, cos rapaces levamos uns xelados, a ver se non se celan.
Establecimos os intereses para o novo curso e fixemos análise e recapitulación das lecturas do curso.

Moitas grazas aos asistentes, botamos en falta a tres que non puideron vir, 
e cargade as pilas para o curso que ven.

9 de xuño de 2019

Estudo sobre os Clubs de lectura na ESO en Galicia




O curso pasado desde Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a través da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos /Asesoría de bibliotecas se nos solicitou a nosa participación nun estudo cualitativo sobre a lectura e os clubs de lectura.
Levamos desde o inicio das convocatorias, co club de lectura e foi unha honra que nos tiveran en conta para esta proposta. Mediante grupos de discusión Julio Ábalos e Eduardo Estevez, establecían ides para falar e establecendo un clima de dialogo moi cómodo, tanto os rapaces nunha primeira sesión, como os adultos na seguinte, falaron do impacto que tivo a lectura e o club, en concreto, na súa andaina como persoa.
O venres 7 na Xornada dos Clubs de lectura se nos presentou o a versión pre-publicación para que o coñezamos. Supón un bo punto de partida para analizar o que estamos a facer e tamén nos serve para mellorar o noso traballo.
Moitas grazas aos nosos clubeiros pola súa dispoñibilidade a prestarse como cobayas do estudo e aos seleccionadores por ter pensado en nos, agora nos queda ler este documento:


4 de xuño de 2019