O suicidio do vital e atractivo Carlos aos 27 anos de idade
desencadea os mecanismos do recordo en Helena, a muller que o atopou deitado na
bañeira despois de se pegar un tiro. Helena, amiga do finado desde a infancia,
repasa unha historia común que se remonta aos anos da nenez e as vacacións de
verán compartidas.
Nostálxica, sentimental e tecida sobre o pano da
memoria, O sol do verán reflicte a madurez absoluta do Casares
narrador. Botando man dun monólogo interior moi medido e cun dominio maxistral
na dosificación dos acontecementos, a novela vai desvelando unha complexa trama
de relacións persoais, familiares e amorosas, matizadas pola represión moral,
na que Helena vai afondando no seu intento de atopar sentido á traxedia.
Casares emprega os longos estíos da infancia como metáfora da dura aprendizaxe vital neste texto publicado por Galaxia en 2002, de xeito póstumo.
Casares emprega os longos estíos da infancia como metáfora da dura aprendizaxe vital neste texto publicado por Galaxia en 2002, de xeito póstumo.
O sol do verán gañou o Premio Nacional da
Crítica no ano da súa edición.
Reseña en Revista de libros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario