No evocador souto dos catro ventos do antigo mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil aparece morto un home vestido como un monxe bieito. Como é posible, se os frades abandonaron aquel lugar no século XIX?
Jon Bécquer, un detective de obras de arte que está a descubrir
as marabillas da Ribeira Sacra, tomará moi a peito descubrir que hai de certo
na lenda dos nove aneis de Santo Estevo e en descubrir o enigma daquela morte.
Na súa pesquisa vai dar co legado de Marina Vallejo, unha
moza vallisoletana, que viviu os derradeiros anos da vida monástica, na década
do 1830, pelexando por conducir o seu propio destino e esquivar a represión que
sufrían as mulleres naquel tempo convulso de absolutismo e cólera.
A obra na web oficial da autora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario