O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

21 de diciembre de 2009

Eu, que matei de melancolía ao pirata Francis Drake


A finais do século XVI, despois da derrota da Armada Invencible, Jovino vive diversas aventuras nas que coñece o amor, a amizade pero tamén a morte e o sentimento de vinganza. Nas augas de Porto Rico, suxire ao almirante Sancho Pardo de Donlebún unha trampa para atraer ao mítico corsario inglés.
Eu, que matei de melancolía ao pirata Francis Drake! é unha novela histórica de piratas, ambientada no século XVI, onde Gonzalo Moure recrea a historia de don Sancho Pardo de Donlebún, un antepasado seu, ilustre mariño castropolense que pasou a historia por ser o primeiro en derrotar ao lendario pirata Francis Drake, encargado polo goberno inglés de abordar e saquear aos galeóns que facían a rota do Novo Mundo cargados de tesouros.

Ficha da editorial.

Visita a reseña da visita de compañeiros doutro centro de Ferrol ao Pazo de Donlebún

Video sobre o asalto dos ingleses á Coruña:



16 de diciembre de 2009

Traizón


"Tally está a punto de cumprir os 16 anos. Só quedan uns meses e estánselle a facer eternos pois, Peris, o seu mellor amigo (ou algo máis que un amigo) xa cumpriu os dezaseis e vive na cidade de Nova Beleza á que Tally mira dende a súa residencia todas as noites.
E é que ao cumprir os dezaseis as autoridades da cidade te someten a unha operación na que cambian o aspecto físico das persoas converténdoas en "perfectas".
Un día coñece a Shay, unha "imperfecta", como ela, que cumpre os anos o mesmo día. A monotonía da espera faise máis levadeira coa compañía dunha Shay aventureira que se converte, en moi pouco tempo, na súa mellor amiga.
Pero Shay ten unhas ideas moi raras sobre o mundo. Non está de acordo con que todos teñan que pasar pola mesma rapadoira e ser "perfectos". A ela non lle importa ser imperfecta..."

Ciencia ficción onde as persoas se enfrontan a un mundo perfecto no cal non hai oco para a liberdade pois está en mans dun pequeno grupo de persoas.
Hai, ademais, aventuras e suspense e, detrás de todo, o problema da beleza e da perfección. Ata onde estás disposto/á chegar por conseguir esa perfección? Ti traizoarías ao teu mellor amigo/a para conseguir os teus obxectivos polos que viviches esperando toda a túa vida?
Le o primeiro capítulo.
A vindeira entrega chamarase Perfección e si queres tamén podes ler o primeiro capítulo.

Video sobre a obra en US:


Si che gustou proba a ler Farenheit 451