”Son Álex, un mozo transexual. Abro
este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este
vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá –ou non quererá
comprender– nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse
tantas cousas… E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin
vergoña de ser quen son.”
“22 segundos” relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe –sen poñerlle etiquetas– que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis –e a sociedade– deixen de consideralas enfermas.
Blog da obra
Unha novela necesaria no blog de Xerais
Ficha de lectura
Presentación da obra na RTVG
No hay comentarios:
Publicar un comentario