Hoxe estivo no centro aínda que de xeito dixital Eva Mejuto a quen coñecíamos do Salón do Libro de Pontevedra onde nos acolleu en anos anteriores.
O motivo desta visita foi para falar cos rapaces de 2º ESO de “22 segundos”, a primeira novela xuvenil galega en tratar a temática trans. Ademais está de norabóa porque recibirá o Premio dos Clubs de Lectura de Galicia 2021 a vindeira semana nas Xornadas de Clubs de Lectura.
No marco da súa obra a autora comenta o seguinte: “Durante
moito tempo estiven a seguir youtubers
que contaban as súas historias, e todos empezaban igual: “Ola, chámome Aidan,” “Ola, chámome Joseph”, “E conto a
miña historia porque a min ninguén me axudou, non tiven apoio de ninguén e se
cadra se o conto podo axudar a facilitarche a vida”. Paréceme algo moi
xeneroso, contar a túa vida non por lucimento persoal, senón expoñerche porque
pode axudar a outros”.
“Pero chegou un momento no que necesitaba algo máis, e
entrei en contacto cun grupo de mozos
trans. A historia de Marcos chamoume moito a atención porque eu son de
Sanxenxo e el é de Cangas” conta referíndose a Marcos Ceive, cuxa experiencia foi a súa principal
fonte de inspiración, e de quen tamén lle sorprendeu a súa forma de ver a vida.
Ademais, Marcos e Eva manteñen agora unha forte amizade.
Eva explicounos que “22 segundos” é o tempo que tarda un
vídeo que grava *Álex, un mozo trans, en
subirse a Youtube. No referido documento audiovisual, *Álex explica que se abre
un blogue para compartir as súas experiencias, pero sobre todo o que está por
vir, a viaxe cara a si mesmo. A historia, con todo, termina como empezou, con
*Álex subindo o vídeo á rede, e por medio conta a vida de *Álex ata ese
momento, e como chegou a descubrirse”.
O libro consta dun capítulo introdutorio e outros vinte e
dous capítulos, un por segundo. Segundo conta a autora, isto non ten un
significado especial, é un artificio para conseguir facer a novela áxil e amena
para os mozos aos que non lles guste ler.
Toda unha sorte contar coa autora con nós facendo disfrutar
aos rapaces coa súa espontaneidade, cercanía e compaña. Un pracer!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario