O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

2 de abril de 2013

O mundo secreto de Basilius Hoffman


"Achégase unha nova Era, as antigas portas féchanse definitivamente, os reinos que durante séculos lindaron as fronteiras do noso mundo esvaécense entre as brumas das lendas. Durante anos o profesor Hoffman, explorador de mundos ocultos dedicou non poucos esforzos a desvelar os seus segredos. Mais só cando o seu sobriño Peter chega ao vello casarón Hoffman para pasar as vacacións de Nadal, o destino une as súas vidas dando comezo así á batalla definitiva na que se porá en xogo o noso ben máis prezado: o poder da imaxinación."

Aquí comeza a saga do profesor Basilius Hoffman: historiador, arqueólogo, cabaleiro a tempo parcial e truán a xornada completa. E a súa viaxe na procura do ledario Diario do Cartógrafo, na que descubriremos cidades perdidas no profundo da noite, sociedades secretas, misteriosas criaturas, poderosas reliquias sagradas, imposíbeis aparellos mecánicos e unha infinidade de curiosos personaxes.

Que disfrutedes del!

Blog oficial da serie.
Reseña en La Voz de Galicia.
Descargar o libro ou lelo online.

No hay comentarios: