O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

5 de mayo de 2013

Alén da xerfa


Cunha maestría poética Almudena Falcón fíxonos partícipes dos sentimentos de cariño polo seu padriño-avó ao recordar a súa participación na nosa guerra civil e o afundimento do buque Terranova nas costas de levante. A tenrura que transmite a autora poso seu devanceiro contaxionunos a todos cando nos amosou a foto do protagonista da vivencia que aínda vive en moi bo estado con 94 anos.

Grazas Almudena por compartir a túa obra que esperamos presentes a algún certame literario porque estamos seguros da súa calidade.

1 comentario:

Almudena Falcón dijo...

Para min tamén foi unha experiencia moi gratificante poder compartir convosco este relato. Grazas pola vosa atención de lectores entusiastas e por tódolos libros que lemos xuntos.