O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

12 de noviembre de 2012

Voltamos coa serie de Dragal


Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda a que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego?
Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá a Hadrián as portas para cumprir co seu destino. Para atopar respostas, o mozo tamén deberá buscar nos libros prohibidos da vella biblioteca do seu bisavó e mergullarse nos segredos que agochan as augas da Poza da Moura. Só grazas á amizade de Mónica, compañeira de clase no instituto, e coa complicidade de don Xurxo, o cura da parroquia, Hadrián poderá percorrer a senda que os cabaleiros da Orde de Dragal deixaron aberta para el moitos séculos atrás.
Elena Gallego Abad debuta na narrativa galega cunha primeira novela, finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil 2009, coa que se inicia, ademais, unha futura triloxía baixo o título de “Dragal”, o dragón galego.

Web oficial
Outros Dragals

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Gran libro,siempre manteniendo la curiosidad de la siguiente línea, a veces, incluso no podía dormir, pensando en lo que pasaría al siguiente capitulo.
El personaje que más me gusto fue Hadrián,que demuestra siempre un control de la situacion,me identifico bastante con él.

Anónimo dijo...

Dragal fue un libro bastante interesante , puesto que estaba lleno de aventuras y muchos misterios, que hacia que tuvieras que seguir leyendo para saber que pasaba.Como dije antes me parecio interesante más que nada por el hecho de que la historia también trascullera en Galicia. No fue mi libro preferido, pero fue bastante interesante.Mi nota es de un 7, pero seguramente le de mas cuando lea las siguientes partes. Silvia de Diego