O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

16 de octubre de 2012

El lector

Michael Berg tiene quince años. Un día, regresando a casa del colegio, empieza a encontrarse mal y una mujer acude en su ayuda. La mujer se llama Hanna y tiene treinta y seis años. Unas semanas después, el muchacho, agradecido, le lleva a su casa un ramo de flores. Éste será el principio de una relación en la que, antes de amarse, ella siempre le pide a Michael que le lea en voz alta fragmentos de Schiller, Goethe, Tolstói, Dickens... El ritual se repite durante varios meses, hasta que un día Hanna desaparece sin dejar rastro. Siete años después, Michael, estudiante de Derecho, acude al juicio contra cinco mujeres acusadas de criminales de guerra nazis y de ser las responsables de la muerte de varias personas en el campo de concentración del que eran guardianas. Una de las acusadas es Hanna. Y Michael se debate entre los gratos recuerdos y la sed de justicia, trata de comprender qué llevó a Hanna a cometer esas atrocidades, trata de descubrir quién es en realidad la mujer a la que amó...
Bernhard Schlink ha escrito una deslumbrante novela sobre el amor, el horro y la piedad; sobre las heridas abiertas de la historia; sobre una generación de alemanes perseguida por un pasado que no vivieron directamente, pero cuyas sombras se ciernen sobre ellos.

Reseña en Hislibris
Trailer.
Reseña no blog De cine no Esquío
Reseña en Ética y Cine
Sección cultura en El País:"La patética humanidad del monstruo"
Papel en Blanco: "Tragedia con tintes clásicos y sentimiento de culpa"
Cervantes Virtual: "Hipócrita lector"

Una pincelada de historia:


Para saber más
Mapas animados
Museo del Holocausto en US

5 comentarios:

Almudena Falcón dijo...

Xa estou na metade. Un libro que se le con pracer...

Rodrigo dijo...

É un libro que se le moi ben.
Ao principio parece unha historia de amor entre dúas persoas moi diferentes. Pero despois, cando a relación ten que convivir co tempo e coa sociedade que lle toca vese modificada de xeito dramático.
A culpa, a conciencia, a responsabilidade dos nosos actos ou omisións envolven a historia e deixan un pouso de tristura e inquedanza. Gustaríame que, despois de tanto sofrimento, a historia tivese outro final. Pero as cousas son como son.

Begoña dijo...

“¿Cómo podría ser algo que me reconfortara que mi amor por Hanna fuera, de alguna manera, el Destino de mi Generación al que yo había sabido esconder entre los Otros?" Esta pregunta que se fai o protagonista supón o reflexo do drama da xeneración posterior ao xenocidio, non poden esquecer, non poden xustificar os feitos pero por outro lado buscan a redención... Lembrades o conductor do camión que leva a Michael ao campo por primeira vez?

A culpa pesa, pero que pasa coa responsabilidade e a obediencia debida???

Begoña dijo...

“Quería comprender y al mismo tiempo condenar el crimen de Hanna. Pero su crimen era demasiado terrible. Quería tener sitio en mi interior para ambas cosas: la comprensión y la condena. Pero las dos cosas al mismo tiempo no podían ser”…

Outra cita desacougante.

Almudena Falcón dijo...

Para min, a mellor parte do libro é a parte final. Nela, a relación entre ambos convértese noutra cousa. Está máis aló da atracción física, do sentido de culpabilidade, de tódalas circunstancias.
É un amor platónico, que transpasa os muros e as reixas, que racha co tempo, coas diferenzas entre as persoas. E que é? A lectura. E, sobre todo, a lectura en viva voz, que transmite moitas outras sensacións alén do papel e do tacto do libro, alén da imaxe das palabras. O ton de voz, a sonoridade, a maxia do que escoitamos, cobran un papel primordial.
Creo que a lectura -en xeral- está convertida en feito illado, individual e case desocializador. Eu anímovos a que lle leades a alguén, con agarimo, paseniñamente, transmitindo emocións e namorando. Ós nosos fillos e fillas, ás nosas parellas, en familia, ós nosos estudantes... Creo que sería moi proveitoso para ambas partes, como o é no libro; tanto para o que le nas liñas coma para o que le nos sons doutros beizos.
Boas lecturas!!!