O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

15 de octubre de 2012

Con el corazón en la mano


Andrew y Sarah, son una pareja de periodistas ingleses que van de vacaciones a Nigeria intentando superar su crisis matrimonial.
Mientras pasean por la playa, algo horrible ocurre. Conocen a una pequeña africana, Little Bee y a su hermana, en unas circunstancias para olvidar. Pero no es fácil, pues por culpa de aquel acontecimiento, ambos han perdido algo…
Han pasado dos años y Little Bee está en Inglaterra. Lleva tiempo interna en un centro de inmigrante y por fin consigue salir. No se le ocurre más que acudir al hogar de los dos únicos ingleses que conoce, Andrew y Sarah. ... (lee el primer capítulo)

Reseña de la editorial.




6 comentarios:

Almudena Falcón dijo...

Non sei se vos pasou coma min, que me parece que o título do libro ten un xogo de palabras, pois "corazón" é polisémica. Ademais, moitas veces, para citar o libro -cando lle falaba del a alguén- dixen "Con la mano en el corazón". Mais, se collemos outra acepción da palabra "corazón", acae mellor o título real.

Almudena Falcón dijo...

En canto ós personaxes, a que máis me cautivou foi Little Bee. Gústame todo dela; para comezar, o seu nome e a historia da orixe deste.
Paréceme que os capítulos nos que falaba ela a narrativa se elevaba máis arriba e o texto facíase máis lírico e gorentoso.
Encántame a súa escolla para sobrevivir: falar ben -e coñecer cousas- no canto de centrarse na imaxe física, en "estar boa".

Almudena Falcón dijo...

Co personaxe que máis rin foi con Yevette. Pragmática, forte, disposta a facer o que sexa preciso para sobrevivir neste duro mundo -para algúns máis duro ca para outros. Pero, iso si, sempre cunha nota de humor irónico e sarcástico. Encantoume como se reproduce o seu xeito de falar -e hai que darlle mérito tamén ao tradutor/a (non lembro o xénero)- e o seu riso contaxioso.
Disto reflexiono que a figura do tradutor está sempre na sombra. Eu, que tamén son tradutora aficionada.

Almudena Falcón dijo...

Tamén me impactaron as historias tristes de supervivencia que se refiren no libro -e as que se intúen mais non se contan abertamente. A da rapaza sen nome que nos ofrece un desenlace impactante -aínda que xa se predicía na imaxe das cadeas que colgaban do teito. Esta suxerente imaxe, sumada a outras, dan un valor engadido ao lirismo do libro, que se esvae por veces.
Outra historia impactante e dura é a da irmá de Little Bee, Nkiruka, personaxe co que tamén me identifiquei moito.

Almudena Falcón dijo...

Outras comparacións moi ben traídas, ao meu xuízo, son estas:
- A fala da raíña de Inglaterra compárase co esmalte das unllas (páxina 11).
- As cicatrices son historias de supervivencia (páxina 18).
- África é coma o té (151).
E algunhas outras.
As páxinas 205-208 pareceume unha pasaxe moi lírica.

Almudena Falcón dijo...

En xeral, gustoume a obra. Mais achei un grande contraste entre algunhas partes -máis frouxas para o meu entender, aínda que eu non tiro pedra ningunha- e outras moi líricas e interesantes.