O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

20 de marzo de 2012

O único que queda é o amor




Esta sentenza abre as páxinas do libro. Un tomo de relatos curtos cunha base común, o amor. Segundo o autor isto é o único que de verdade quedará do noso paso por este mundo. Ese sentimento, en ocasións inefable, resulta ser o seu motor, o que move a esta sociedade que chamamos humana. Tan poderoso e forte, como destrutor.

Os relatos tratan de diferentes tipos e momentos de amor. De amores que podían ter triunfado, pero que, por variados motivos, remataron acantoados ata que unha casualidade os aflora e fai revivir, facendo que os seus protagonistas os rememoren a pesar de que os crían superados ou esquecidos, coas consecuencias que iso leva consigo. É neses momentos cando descobren todo o poder que o amor ten.

Porque este sentimento é capaz de transformar calquera vida, pero á vez pode facer coñecer a dor do desamor, da rotura, da soidade. Só podemos chamar amor ao que se mostra con valentía, sen covardía ningunha. Nun tema de Sílvio Rodríguez dise que "os amores covardes non chegan a amores nin a historias". E é certo, as covardías neste terreo poden ter consecuencias eternas e desvastadoras, capaz de anular os que as viviron, posto que o único que deles tivese perdurado era precisamente iso, o amor.

(Vía Club de lectura do Forum Metropolitano)


Fragmento da Biblioteca Virtual Cervantes: Amor de Agosto.
O autor na wikipedia.
Web sobre o autor en Filix.
Mentras non iniciamos a tarefa das Xornadas Literarias de Neda iniciamos esta lectura, parece que este ano imos ter máis "lecturas interruptas" 
"Cando me decato de como imos pasar por este mundo sen deixar rastro despois de levar unhas vidas estúpidas, comprendo con rabia que na vida
o único que queda é o amor" (Orhan Pamuk: Neve).

No hay comentarios: