O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

25 de mayo de 2009

O señor Ibrahim e as flores do Corán


Unha mañá, antes de marchar para o instituto, meu pai dixérame:
–Moisés, non o entendo... Faltan cartos... a partir de agora, escribirás no caderno da cociña todo o que gastas na compra.Así que, non bastaba con que me reprenderan tanto no instituto coma na casa, con lavar, estudar, cociñar e facer os recados, non bastaba con vivir só nun gran piso escuro, baleiro e sen cariño, con ser escravo máis ca o fillo dun avogado sen casos e sen muller, senón que tiña que pasar por ladrón! Pois xa que era sospeitoso de roubar, mellor facelo.


Momo é un adolescente xudeu, desorientado e orfo de agarimo. Ibrahim é un tendeiro musulmán, de carácter reflexivo e pausado, cunha visión da vida marcada pola perspectiva e a experiencia dos anos. Dous habitantes solitarios da rúa Azul, no París dos anos 60, que traban unha entrañable amizade que trascende as súas respectivas crenzas. Un aporta vitalidade, o outro sabedoría...
Máis que unha novela, trátase dun texto iniciático que apela ao multiculturalismo, a tolerancia e o entendemento entre iguais. A súa lectura reconforta e afortala a nosa confianza na especie humana. Partindo dunha relación pseudo-paternofilial entre os protagonistas, este relato sinxelo e áxil ábrenos a porta a unha reflexión esperanzadora sobre o futuro do mundo no que vivimos.

Se queres podes entrar na páxina oficial do autor e visionar a versión cinematográfica da novela.

1 comentario:

Pablo dijo...

Es una buena obra pero lo que más me ha impresionado es la manera de comentar a la sociedad