O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

3 de mayo de 2009

Marcabrú y la hoguera de hielo


Emili Teixidor ambienta a súa novela a inicios do século XIII, na infancia do Jaime I e durante a cruzada albixense Na novela tamén noméanse personaxes históricos como Simón de Montfort, Pedro II e Ramón Roger Trencavel.
Marcabrú é un xograr principiante cuns once anos que percorre o mundo xunto cos xograres "El Ciego de Cabrera", "El Caballero Salvaje" e "La Soldadera", a cal se chama Matilde. O está aprendendo o oficio de xograr e é o guía do Cego de Cabreira, que é o seu mestre.
A historia comeza cando os catro xograres, xunto con outro que se xuntou recentemente chamado El Imitador de paxaros, cunha incrible habilidade para imitar a estes animais, chegan ao castelo do vizconde de Peguera, quen os trata moi ben e lles regala un xibón de armiño e perlas por actuar. Os xograres vanse por un camiño afastándose do castelo cando se decatan de que o Imitador de Paxaros desapareceu. O Cego de Cabreira oe o canto dunha bubela, que é o canto que o Imitador de Paxaros utilizaba para advertir do perigo. Entón dille a Marcabrú que fuxa e o Cego de Cabreira, La Soldadera e El Caballero Salvaje son capturados por homes do vizconde de Peguera, o cal lles regalara o xibón para quitalo despois...

O autor nos conta a súa razón de escribir.
Entrevistas có autor
Trucos para que os rapaces lean.
Si lees quedas maldito.
Si o enlace da presentación no funciona, preme aquí.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Me encantó este libro, sobrew todo las escenas del torneo final