O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

29 de mayo de 2009

A illa do tesouro



Se a "Isla del Tesoro" do escocés Robert Louis Stevenson non tivese existido os piratas non terían a pata de pau nin cantarían aquilo de "ron, ron, unha botella de ron". Tampouco repousaría sobre o seu ombreiro ningún loro paroleiro nin lles agardaría nunha ningunha illa perdida un tesouro escondido. Todos estes mitos que forman a medula ósea das historias de piratas tiveron o seu bautismo na obra de R.L. Stevenson, que ademais de ser unha das mellores novelas de aventuras de todos os tempos debuxou o perfil do pirata literario máis famoso, o temible e enxeñoso Long John Silver. O libro foi escrito hai tanto tempo que xa circula a súa obra por Internet libre de dereitos de autor,e incluso en versión de banda deseñada como tedes abaixo... a pesar do cal as aventuras que relata seguen sendo emocionantes.

Á pousada do almirante Benbow, chega un pirata que se fai chamar Capitán e leva un misterioso cofre. O pirata morre e Jim, o fillo do posadero, descobre un mapa no cofre. É o mapa do tesouro do capitán Flint, escondido nunha illa. Nunha bonita goleta, La Hispaniola, Jim e un grupo de piratas comezan a travesía en busca da "Isla del Tesoro". A novela narra, ademais dunha viaxe en busca do tesouro de Flint, a evolución de Jim, un orfo desamparado que chega a converterse nun auténtico home.

No hay comentarios: