O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

28 de enero de 2009

O neno do pixama de raias


"...Cremos que é importante empezar esta novela sen saber de que trata. Nembargantes, se decides embarcarte na aventura, debes saber que acompañarás a Bruno, un neno de nove anos, cando se muda coa súa familia a unha casa onda unha cerca. Hai milleiros de aramados coma ese en moitos sitios do mundo; só desexamos que nunca te atopes con ningún, e se o fas, que teñas forza para librarte del..."

Estas palabras son as da contraportada do libro e é a nosa proposta para un dos sous clubes de lectura. Aínda que moitos de vos xa sabedes moito do libro, incluso da versión cinematográfica, queremos compartir convosco a impresión que nos causou ao lela, e falar desa época nun momento no que se repite o conflito bélico, noutros escenarios pero o mesmo odio, ira, rabia... agora que nos achegamos ao Día escolar da non violencia e a paz o próximo 30 de xaneiro e que onte 27 foi o Día do recordo do holocausto. Porque recordar é non volver equivocarse... ou polo menos iso cremos.
Disfrutade da lectura e si tedes algunha dúbida ou curiosidade vos deixamos unhas páxinas onde ampliar información:

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Es el libro más fuerte que he leido,lo recomendaría porque engancha y trata un hecho real.

Alba A.

Begoña dijo...

A mí también me ha gustado pero prefiero el diario de Ana Frank.