O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

16 de febrero de 2009

Teresa Moure



Hoxe ímos recibir a visita de Teresa Moure, tras a lectura dalgunha das súas obras.
Na súa autobiografía di que naceu cando os astronauras comezaban a explorar a lúa, gústanlle «os libros, as películas de Humphrey Bogart, os bicos, a risa e a revolución,», pero sobre todo gústalle «poñer o mundo patas arriba».
O contacto de Teresa Moure coa literatura comeza moi tarde, pero faino de modo vertixinoso: ademais de escribir numerosos artigos publica A xeira dás árbores coa que gaña o Premio Lueiro Rey de novela curta e o premio Arzobispo San Clement, A casa dos Lucarios, en 2005 o ensaio Outro idioma é posible; na procura dunha lingua para a humanidade, que recibira o premio Ramón Piñeiro no ano anterior, e onde reflexiona sobre os intentos de conseguir un idioma universal e sobre as vantaxes da biodiversidade lingüística. Meses despois aparecen nas librarías un ensaio anterior, que fora finalista nese mesmo premio en 2003, titulado Ás palabras dás fillas de Eva, onde, reivindica a diferenza dende o feminismo.
O gran éxito chégalle coa novela Herba moura, de 2005. A historia de tres mulleres, a raíña Cristina de Suecia, Helène Jans, sabia coñecedora da natureza, e a estudante contemporánea Einés Andrade, consegue o premio Xerais nese ano, bate todas as cifras de vendas, é traducida a máis de cinco idiomas en cuestión de meses e logra o premio AELG de narrativa.
A peza teatral Unha primavera para Aldara gana o Rafael Dieste de 2007 e nela Moure traslada a acción a un convento de monxas dos tempos dos irmandiños e, polo tanto, da configuración da identidade de Galicia. Aínda que publicada con anterioridade, nunha novela breve posterior, Benquerida catástrofe, de 2007, a autora regresa ao debate sobre a verdadeira identidade no mundo contemporáneo.

Disfrutemos coa súa visita!!

No hay comentarios: