10 de xaneiro de 2023
Mentira
20 de decembro de 2022
Que me pare o corazón se te esquezo
Blue Shiva é a deusa das redes sociais. Na súa popular canle aparecen os retos virais máis arriscados. Pero tamén é unha deusa fráxil. A noite en que decide camiñar polo bordo dun edificio de dez andares, só desexa que a chuvia deteña a súa ousadía. Porén, Nordestal é unha cidade ventosa, e Blue Shiva precipítase ao seu propio abismo. Axiña as redes sociais difunden a nova da súa morte.
Do outro lado da pantalla, Ada, que non pode crer que Blue Shiva xa non exista, pídelle axuda á súa irmá xemelga, Lúa, e convértea en cómplice involuntaria. Pola súa banda, Gabriel regresa a Nordestal guiado polos latexos do seu corazón.
Narrada a dúas voces, Que me pare o corazón se te esquezo é unha historia sobre ese mar que nos axita por dentro e sobre aquel que se abre alén das nosas pantallas, tinguido pola peor sombra e, ao tempo, capaz da maior luz.
Blog da autora con curiosidades.
Recensión en Caderno de crítica., en La Voz de Galicia.
Entrevista en Nós TV por ser a autora destacada da AEGL.
16 de decembro de 2022
Esperando al diluvio
Entre los años 1968 y 1969, el asesino al que
la prensa bautizaría como John Biblia mató a tres mujeres en Glasgow. Nunca fue
identificado y el caso todavía sigue abierto hoy en día. En esta novela, a
principios de los años ochenta, el investigador de policía escocés Noah Scott
Sherrington logra llegar hasta John Biblia, pero un fallo en su corazón en el
último momento le impide arrestarlo. A pesar de su frágil estado de salud, y
contra los consejos médicos y la negativa de sus superiores para que continúe con
la persecución del asesino en serie, Noah sigue una corazonada que lo llevará
hasta el Bilbao de 1983. Justo unos días antes de que un verdadero diluvio
arrase la ciudad.
Dolores Redondo se autodefine como «una
escritora de tormentas» y con esta nueva novela, basada en hechos reales, nos
conduce hasta el epicentro de una de las mayores tormentas del siglo pasado a
la vez que retrata una época en plena ebullición política y social. Es un
homenaje a la cultura del trabajo lleno de nostalgia por un tiempo en el que la
radio era una de las pocas ventanas abiertas al mundo y, sobre todo, a la
música. Y es también un canto a la camaradería de las cuadrillas y a las
historias de amor que nacen de un pálpito.
Entrevista en PaginaDos (12 min)
13 de decembro de 2022
Golpes de luz
Xulia é xornalista e acaba de separarse, polo
que regresa a Galicia co seu fillo Sebas. O rapaz ten dez anos e está
convencido de que a avoa Luz é o deus Thor porque nunca se separa do seu
martelo. Malia que agoche polvoróns nas medias, beba Sansón ata ver dobre e
diga mentiras sen parar, Sebas adora a súa avoa. Xulia non opina o mesmo. Para
ela, volver á casa familiar supón enfrontarse a un pasado cheo de segredos que
precisa desvelar.
O narcotráfico na Galicia dos anos noventa, o
mundo dos coidados e a procura da verdade envolven este melodrama, salvaxe e
tenro, habitado por uns personaxes inesquecibles. Despois do éxito de
«Infamia», Ledicia Costas regresa, dende o seu talento creativo, con «Golpes de
luz», unha novela sorprendente e divertida. 'Golpes de luz' é unha historia
contada a tres voces pertencentes a diferentes xeracións na que latexan moitos
temas, como o coidado aos anciáns, a fantasía infantil, o narcotráfico de
heroína en Galicia, o universo Marvel ou a imposibilidade da conciliación. Pero
a pesar da escuridade, tamén é unha novela chea de esperanza e de luz, chea de
tenrura. As vivencias da propia Ledicia Costas, que creceu nunha contorna rural
de Pontevedra, servíronlle de inspiración para esta historia na que hai
soidade, hai mentiras, hai un pouco de tolemia, sensación de impotencia,
incluso pantasmas. E tamén un gran secreto que desentrañar.
"Quedei alucinado con aquela revelación. Se a miña avoa é Thor, eu son o neto dunha deusa bastante poderosa, e iso é unha responsabilidade. Desde entón, non lle quito ollo"
Vídeo-presentación da novela na libraría Cartabón en Vigo con Fran Alonso (50')
En bacharelato dubidamos coa escolla polo que lemos ambas: Infamia e Golpes de luz
Que foi das irmás Giraud? Están mortas? Se é así, quen as asasinou? Onde están agochados os seus corpos?
Infamia é un thriller psicolóxico onde nada é o que parece. Unha novela de ritmo vibrante que agarra o lector e o conduce aos sumidoiros da condición humana. Unha historia de amor, odio e loucura. Fiel á súa escrita, Ledicia Costas é quen de explorar o máis recóndito da alma humana ofrecéndonos unha novela poderosa e adictiva.
"Se a alma tiña forma física, a súa era un conxunto de buracos
negros por onde se lle escapaban as ganas de vivir."
"O frío foi instalándose en
Merlo como unha nova parella que non pide permiso. Un día deixa na túa
casa un par de libros porque necesita sentir que ese lugar perténcelle un
pouco. Semanas despois libara un caixón
e mete algunha roupa. Acomódase nun sitio concreto do sofá e escolle un lugar na mesa da cociña que xa nunca vai abandonar. De súpeto, xa non existen
os límites. Nin sequera lembras moi ben como era todo antes da súa
chegada."
"O amargo non é a liberdade, senón as decisións que hai que tomar
para conseguila."



