O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

13 de diciembre de 2022

En bacharelato dubidamos coa escolla polo que lemos ambas: Infamia e Golpes de luz

 Emma Cruz é avogada e profesora de Dereito Penal. Trasládase a Merlo para impartir clases na Universidade, sen saber que ese lugar está marcado pola desgraza. A súa chegada coincide co 25 aniversario da desaparición das irmás Giraud, dúas nenas ás que semella que tragou a terra. Emma axiña descubrirá que os habitantes de Merlo gardan segredos inconfesables, algúns deles imposibles de dixerir.

 Que foi das irmás Giraud? Están mortas? Se é así, quen as asasinou? Onde están agochados os seus corpos? 

Infamia é un thriller psicolóxico onde nada é o que parece. Unha novela de ritmo vibrante que agarra o lector e o conduce aos sumidoiros da condición humana. Unha historia de amor, odio e loucura. Fiel á súa escrita, Ledicia Costas é quen de explorar o máis recóndito da alma humana ofrecéndonos unha novela poderosa e adictiva.



"Se a alma tiña forma física, a súa era un conxunto de buracos negros por onde se lle escapaban as ganas de vivir."

"O frío foi instalándose en  Merlo como unha nova parella que non pide permiso. Un día deixa na túa casa un par de libros porque necesita sentir que ese lugar perténcelle un pouco. Semanas despois  libara un caixón e mete algunha roupa. Acomódase nun sitio concreto do sofá e escolle un lugar  na mesa da cociña que xa  nunca vai abandonar. De súpeto, xa non existen os límites. Nin sequera lembras moi ben como era todo antes da súa chegada."

"O amargo non é a liberdade, senón as decisións que hai que tomar para conseguila."


No hay comentarios: