Xulia é xornalista e acaba de separarse, polo
que regresa a Galicia co seu fillo Sebas. O rapaz ten dez anos e está
convencido de que a avoa Luz é o deus Thor porque nunca se separa do seu
martelo. Malia que agoche polvoróns nas medias, beba Sansón ata ver dobre e
diga mentiras sen parar, Sebas adora a súa avoa. Xulia non opina o mesmo. Para
ela, volver á casa familiar supón enfrontarse a un pasado cheo de segredos que
precisa desvelar.
O narcotráfico na Galicia dos anos noventa, o
mundo dos coidados e a procura da verdade envolven este melodrama, salvaxe e
tenro, habitado por uns personaxes inesquecibles. Despois do éxito de
«Infamia», Ledicia Costas regresa, dende o seu talento creativo, con «Golpes de
luz», unha novela sorprendente e divertida. 'Golpes de luz' é unha historia
contada a tres voces pertencentes a diferentes xeracións na que latexan moitos
temas, como o coidado aos anciáns, a fantasía infantil, o narcotráfico de
heroína en Galicia, o universo Marvel ou a imposibilidade da conciliación. Pero
a pesar da escuridade, tamén é unha novela chea de esperanza e de luz, chea de
tenrura. As vivencias da propia Ledicia Costas, que creceu nunha contorna rural
de Pontevedra, servíronlle de inspiración para esta historia na que hai
soidade, hai mentiras, hai un pouco de tolemia, sensación de impotencia,
incluso pantasmas. E tamén un gran secreto que desentrañar.
"Quedei alucinado con aquela revelación. Se a miña avoa é Thor, eu son o neto dunha deusa bastante poderosa, e iso é unha responsabilidade. Desde entón, non lle quito ollo"
Vídeo-presentación da novela na libraría Cartabón en Vigo con Fran Alonso (50')
No hay comentarios:
Publicar un comentario