O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

4 de octubre de 2022

A balada dos unicornios


A Escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes.Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución... e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos.Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios.

"Nacín unha tarde de setembro. De pequena o que máis me gustaba era ler, arrincarlle os cables ás bonecas e visitar cemiterios. Estou convencida de que os libros que devorei sendo unha nena marcaron de xeito irremediable o meu futuro. Por algunha razón que aínda non comprendo, estudei Dereito. Exercín uns anos como avogada, pero desde hai xa tempo dedícome por completo á literatura, cousa que me fai moi feliz. Sigo visitando cemiterios, todos os que podo. Teño centos de fotos en cemiterios de distintos lugares do mundo.
Gústanme as historias de meigas, pantasmas e mortos. Son unha lectora apaixonada de autores como Agustín Fernández Paz, Neil Gaiman, Angela Sommer-Bodenburg, Astrid Lindgren ou Philip Pullman. O meu director de cine favorito é Hayao Miyazaki e a miña serie de animación de referencia Dragon Ball, baseada nun manga escrito e ilustrado por Akira Toriyama. Teño devoción polas ilustracións de Ana Juan e Nicoleta Ceccoli. 
Non sei cantas historias me quedan por escribir. Agardo que varias ducias. A miña intención é seguir dando o mellor de min en cada libro. Porque as mellores historias son as que se escriben coa cabeza pero, sobre todo, co corazón."

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Gustoume moito e o recomendó aunque o principio costa lelo
Alejandra

Anónimo dijo...

Gustoume moito, ainda que o principio costa bastante lelo.
Noa