Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego?
Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do
seu pai, será a chave que lle abrirá a Hadrián as portas para cumprir co seu
destino. Para atopar respostas, o mozo tamén deberá buscar nos libros
prohibidos da vella biblioteca do seu bisavó e mergullarse nos segredos que
agochan as augas da Poza da Moura. Só grazas á amizade de Mónica, compañeira de
clase no instituto, e coa complicidade de don Xurxo, o cura da parroquia,
Hadrián poderá percorrer a senda que, os cabaleiros da Orde de Dragal deixaron
aberta para el moitos séculos atrás.
No hay comentarios:
Publicar un comentario