O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

17 de junio de 2022

Roteiro por Ribadavia dos clubs de lectura de alumnos


O pasado 14 de xuño tivemos o roteiro por Ribadavia para despedir o curso do Club de Lectura, disfrutamos dun día axfisiante pero tivemos moitas cousas que facer:
  • Visitamos o Museo Etnológico de Ribadavia, onde nos mostraron as tripas dun museo que preserva a nosa memoria, vimos cómo tratan os fondos bibliográficos históricos, e cómo restauran as doazóns e materiais delicados. Grazas a Rosa e María José vimos un museo dende outro punto de vista.
  • Fixemos unha visita guiada á vila grazas aos rapaces do IES O Ribeiro, as profesoras Isabel e María prepararon unha guía sobre a historia de Ribadavia incluíndo as localizacións máis sinaladas na novela Memoria do silencio de Eva Mejuto, e os rapaces do club de lectura e outros que o leran este curso, fixeron de cicerones. Os rapaces dividíronse en grupos para poder camiñar, e foi unha visita moi instructiva.
  • Para agradecer o encontro, lles demos como agasallo aos rapaces unhas chapas do noso club de lectura e o boletín coas cantigas do noso Fernán Esquío, e as nosas especialistas do museo o mesmo boletín.
  • Por último nos relaxamos na área recreativa a Veronza fronte ao IES, pois ía moita calor, 34º, e á sombra almorzamos e nos demos un chapuzón, sempre moi ben acompañados.
Moitas grazas ás profesoras e rapaces de Ribadavia, así como ás responsables do Museo por darnos tanto a coñecer.

No hay comentarios: