O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

20 de junio de 2022

Roteiro "O último barco" de Domingo Villar


Para rematar o curso, o grupo do club de lectura de adultos achegámonos a Moaña e Vigo para darlle unha homenaxe a Domingo Villar recentemente falecido.
Grazas á Asociación A illa dos ratos percorrimos as localizacións en Moaña, e Óscar, o noso guía, nos fixo lembrar moitos dos momentos relevantes na novela, grazas ao seu entusiasmo volvemos a ver a vila desde os ollos de Leo, incluso os de Estevez esperando os ladridos dalgún can no contorno. Visitamos a igrexia de San Xoan recentemente premiada pola súa restauración tan respetuosa e axeitada, vemos os miradores e as praias nas que Leo paseou con Walter, respiramos o mar salgado da ría de Vigo que vese ao lonxe, buscamos ao Vaporoso nas chalanas atracadas, imaxinamos a Camilo polas corredoiras, a Mónica no seu gabinete...e a Domingo, sempre Domingo falando coas persoas desta vila para forxar a súa historia.

Logo do almorzo, cruzamos a ría nun barco dos Piratas de Nabia para achegarnos á Escola Municipal de Artes e Oficios, onde esperabamos ver a Napoleón na porta co seu estimado Timur, paseamos polas rúas desta cidade que sempre está en obras, para finalmente ollar no Elixio, taberna sempre disposta a ofrecer unha cunca de caldo e un grolo de bo viño... 
Moitas grazas aos participantes por ter o ánimo por encima da tristeza de perder ao autor, para viaxar a Vigo e Moaña. Disfrutamos deste día perfecto no que a calor non fixo acto de presenza e a chuvia nos respetou o suficiente para ter unha xornada moi productiva.
E grazas de novo a Óscar quen nos fixo o roteiro do máis ameno.

Guía da visita en Moaña.
Guía da visita  en Vigo e percorrido en google maps.

No hay comentarios: