A escusa para contar con Espido Freire é a presentación da súa saga xuvenil que inicia con El chico de la flecha, que leron os nosos alumnos de 4º ESO e os do club de lectura de 2ºESO. Tras unha pequena presentación a cargo de Sabela, Lucía e Ainara, Espido falounos do seu amor pola cultura clásica que descubriu cando era unha rapaza de 9-10 anos grazas á biblioteca que tiña preto da casa e a escola. Alí atopou obras como Quo Vadis? ou Los últimos días de Pompeya e moitas outras obras que tanto a engancharon a este mundo. Contounos que a influencia romana e grega non se limita a dous séculos, senón que alongase durante mil anos: somos produto desta herdanza, as nosas tradicións, as leis, a familia, a nosa democracia...non só a lingua, fan de nos o que somos. O feito de estudialas nos fai comprender a nosa historia e respetar aos demáis.
Como dixo un dos nosos alumnos "Espido deixounos unha chuvia de cultura", un pracer para todos os asistentes. De Neda e a nosa biblioteca Espido levou os marcapáxinas de agasallo que sempre facemos para as visitas e asistentes á conversa, así como a chapa e marcapáxinas do noso club de lectura Pantasmas de papel, así como o a edición das catigas do noso trovador favorito Fernán Esquío.
No hay comentarios:
Publicar un comentario