A Escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas
máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e
outras proezas abraiantes.Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai
moitas cousas que descoñece da institución... e do seu pasado. A inventora terá
que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e
perigos.Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta
corvos e unicornios.
"Nacín unha tarde de setembro. De pequena o que máis
me gustaba era ler, arrincarlle os cables ás bonecas e visitar cemiterios.
Estou convencida de que os libros que devorei sendo unha nena marcaron de xeito
irremediable o meu futuro. Por algunha razón que aínda non comprendo, estudei
Dereito. Exercín uns anos como avogada, pero desde hai xa tempo dedícome por
completo á literatura, cousa que me fai moi feliz. Sigo visitando cemiterios,
todos os que podo. Teño centos de fotos en cemiterios de distintos lugares do
mundo.
Gústanme as historias de meigas, pantasmas e mortos. Son
unha lectora apaixonada de autores como Agustín Fernández Paz, Neil Gaiman,
Angela Sommer-Bodenburg, Astrid Lindgren ou Philip Pullman. O meu director
de cine favorito é Hayao Miyazaki e a miña serie de animación de referencia
Dragon Ball, baseada nun manga escrito e ilustrado por Akira
Toriyama. Teño devoción polas ilustracións de Ana Juan e Nicoleta
Ceccoli.
Non sei cantas historias me quedan por escribir. Agardo
que varias ducias. A miña intención é seguir dando o mellor de min en cada
libro. Porque as mellores historias son as que se escriben coa cabeza pero,
sobre todo, co corazón."
No hay comentarios:
Publicar un comentario