O Cemiterio dos
Libros Esquecidos, o cuarteto de novelas que arrinca coa Sombra do Vento e
segue co Xogo do Anxo, converteuse na gran saga novelística en curso do noso
tempo.
A lenda comezaba no ano 2000, cando Ruiz
Zafón culminaba a súa primeira novela para adultos e estaba a piques de
dar a coñecer un libro máxico que cambiaría o panorama literario, e que hoxe
segue gañando o corazón de miles de lectores en todo o mundo. Un amencer de
1945, un raparigo é conducido polo seu pai a un misterioso lugar oculto no
corazón da cidade vella: O Cemiterio dos Libros Esquecidos. Alí, Daniel Sempere
atopa un libro maldito que cambia o rumbo da súa vida e arrástralle a un
labirinto de intrigas e segredos enterrados na alma escura da cidade.
Recensión en The Huffington Post
Entrevista con Carlos Ruíz Zafón en RT e en PáginaDos de RTVE
No hay comentarios:
Publicar un comentario