O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

8 de noviembre de 2016

A viaxe de Gagarin

Doce de abril de 1961: o cosmonauta Iuri Gagarin convértese no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior. Comezaba a era espacial, e tamén unha década que traería grandes cambios. Cincuenta anos despois, Miguel Mendiguren, un home na fronteira dos sesenta anos, mentres vela os días derradeiros da súa nai nun cuarto de hospital, lembra a proeza do cosmonauta ruso. Daquela el tiña dez anos e gañara un concurso escolar de redacción cun traballo sobre esa primeira viaxe espacial. A raíz diso, os outros nenos pasan a chamarlle Gagarin, un sobrenome que o acompañará durante toda a súa infancia e adolescencia. Mentres se apaga a vida da nai, Miguel lembra os seus anos mozos, na Coruña da década dos sesenta. Os seus rexentan unha imprenta e unha libraría de barrio, aparentan ser unha familia coma as outras. Mais esconden perigosos segredos que Miguel irá desvelando a medida que se abre á complexidade da vida.
Unha vida na España desa época, coa ditadura de Franco e a represión das liberdades máis básicas, coa ameaza permanente da Brigada Político Social, a policía secreta do Réxime. E tamén coa oposición clandestina, barreira imprescindible contra a barbarie. Naquel tempo de mocidade, Miguel tamén experimenta a revolución interior que supón namorarse. O arrebato da paixón e a dor da ausencia, nunha relación marcada polas diferenzas de clase. 
Emocionante historia de amor, engaiolante novela de formación e da memoria, A viaxe de Gagarin confirma a Agustín Fernández Paz como mestre da narrativa do noso tempo.


Extracto da entrevista ao autor en Praza das letras:
Entre as súas dúas últimas novelas, Non hai noite tan longa e esta: A viaxe de Gagarín, atopamos moitos paralelismos...
Tamén moitas distancias...
A ver, as distancias están en que a outra, a trama, o anzol que utilizamos para enganchar os lectores, ten un aire de thriller. Neste A viaxe de Gagarin, non hai ese engado, esa trama... Os misterios que hai son máis tenues e claramente é unha novela de formación.Onde están as distancias e os paralelismos?
Semellanzas? Pois as dúas, Non hai noite tan longa e A viaxe de Gagarin, forman parte dese axuste de contas cos anos sesenta, coa miña mocidade. Son un volver aos anos sesenta que, para a miña xeración, foron moi importantes. Non só porque neles se viviu todo o que se escoita sempre: que se Checoslovaquia, que se París, que se tal... Senón porque nesa década moitos de nós, os da miña idade, comezamos a descubrir cousas que non coñeciamos. Hai un desexo e comézase a descubrir o que estaba tapado. Os anos sesenta descóbrese que era o exilio, que había un señor chamado Castelao, que existiron as loitas agrarias...





1 comentario:

cronicas del antropoceno dijo...


jueves, 1 de diciembre de 2016
A Viaxe de Gagarin (Agustín Fernadez Paz)

Realmente disfruté con la lectura de esta novela, a la que voy calificar de sincera, en realidad me siento muy identificado con Miguel, aunque él estaba infinitamente más informado que yo de lo que sucedía a su alrededor en aquellos tiempos.
El, en mayo del 68, ya iba en quinto, yo estaba haciendo la primera comunión,pero como él, yo fui al Instituto Masculino, me acuerdo de la asignatura de FEN, en Ferrol, la impartían Félix y Corral, creo que no tenían nada que ver con la Brigada Político Social, recuerdo cómo íbamos en los recreos al Instituto Femenino, para hablar con las chicas, y mis primeras relaciones con ellas. Lo cierto es que mis padres no tenían una librería, ni una imprenta y lo único que les interesaba de la política era no hablar de ella.
Volviendo a la novela, eché de menos que Agustín Fernández Paz no nos relatara una carta de Francesca a Miguel, y otra de Miguel a Francesca, o que nos hablara un poco más de la revista que publicaban los padres de Miguel.
Respecto a los personajes, Leonardo, Celia, Euclides y Luisa, fueron muy valientes al arriesgar sus vidas y su libertad, para algún día hacer un mundo mejor, también creo que el PC que ellos defendían no era el PC de la URSS donde Stalin realizaba sus famosas purgas y no se detenía ante nada importandole unicamente su poder absoluto, tampoco creo que fuera ese PC que en España durante la guerra civil hizo torturar y matar a Andreu Nin,

En definitiva, la novela me gustó, sencilla, sincera, y los personajes un poco ilusos, donde los buenos son los que en ese momento estaban en la clandestinidad, en la oposición de Franco, y los malos los de la Brigada Político Social.