O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

15 de enero de 2014

Invitación da BPM no obradoiro de poesía




 Hoxe compartimos a experiencia da poesía có grupo do club de lectura da Biblioteca Municipal de Neda. Manuel Grueiro invitounos a participar nun obradoiro de poesía  no que disfrutamos a experiencia do "cadáver exquisito": individualmente redactamos un verso, en grupos de catro compusemos unha estrofa cos catro versos que previamente inventaramos encaixándoos para ter sentido, engadindo como moito algún artigo, preposición ou conxunción... as creacións: fantásticas.
Parece mentira que sen ternos posto dacordo somos capaces de inventar algo con xeito!
Logo de expoñer as nosas creacións puxemos en palabras o que sabemos da poesía lembrando a métrica o ritmo, tipos de composicións...
Finalmente cada un lemos un poema que trouxemos da casa; desde Rosalía a Pedrayo, Miguel Hernández a Machado, de Neruda a Guillén, de Paul Verlain a Edgar Alan Poe, de Kavafis a Catulo, emocionámonos con "Palabras para Julia" de José Agustín Goytisolo... incluso escoitamos a García Lorca en boca e música de Miguel Poveda!

Un PRACER en maiúscula! chegou un momento que algúns dos membros seguimos lendo outras composicións sen pensar na tarde que facía ...

con outro temporal entrando pola ría,
a chuvia azoutando os cristais
e nos ensoñando con poesía...

E aquí tedes mostra das nosas creacións:
Poema 1
Semejante a los dioses me parece
sonrisa azul, mirada verde
así mi corazón juega contigo
contigo siempre quise hacerlo
(Loles, Estela, Olimpia e Carmen)

Poema 2
Cuando el mar sopla los barcos moja
eres el tesoro oculto mío
siempre soñando con la luz
y cuando amanecía la tormenta estalló
(María, Mercedes, Loly y Begoña)

Poema 3
El agua de la lluvia cae
lo vi por primera vez
oh! bello mar embravecido
la lluvia golpea los cristales
(Copi, José Vicente, Denise y Mª Félix)


Grazas Manuel pola experiencia!


No hay comentarios: