Un neno xordomudo que vive no campamento
saharauí de Smara protagoniza esta historia de
amizade cun pequeno camelo chamado Caramelo pola cor os seus ollos. Moure invita o lector a identificarse co protagonista que,
a partir da súa carencia, necesita comunicarse coa natureza e especialmente con
este animal. Desta comunicación, sen palabras, xorde o relato que o autor nos
ofrece. Un texto con palabras fermosas que se achegan con sutileza ao mundo
pechado pero sensible de Kori, que parece percibir
moito máis do aparente. A aprendizaxe da escritura, a base de constancia e
dedicación, daralle a posibilidade de expresarse e de revelar as súas emocións e
converterse na voz do animal que será sacrificado finalmente. Moure é un autor que se interna con facilidade no terreo
das emocións dos nenos e sabe transmitir cos recursos literarios moi medidos un
abano amplo de sentimentos. Coñecedor da realidade saharauí e do sufrimento
deste pobo, o autor podería propoñernos ir máis alá dunha lectura literal do
texto e ofrecernos unha parábola dun pobo sen voz que busca liberarse do seu
illamento. Como todos os bos libros non se encerran nun tema senón que se abren
a moitas interpretacións.
Interpretación da obra de María Parrato.
Ficha da editorial.
Blog do autor.
2 comentarios:
Me gusto mucho , pero fue muy triste el sacrificio de Caramaelo :( Este escritor en MUY bueno !!! jejeje xD Salu2 :P
en no, era es jejeje xD
Publicar un comentario