O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

20 de enero de 2012

Palabras de caramelo

Un neno xordomudo que vive no campamento saharauí de Smara protagoniza esta historia de amizade cun pequeno camelo chamado Caramelo pola cor os seus ollos. Moure invita o lector a identificarse co protagonista que, a partir da súa carencia, necesita comunicarse coa natureza e especialmente con este animal. Desta comunicación, sen palabras, xorde o relato que o autor nos ofrece. Un texto con palabras fermosas que se achegan con sutileza ao mundo pechado pero sensible de Kori, que parece percibir moito máis do aparente. A aprendizaxe da escritura, a base de constancia e dedicación, daralle a posibilidade de expresarse e de revelar as súas emocións e converterse na voz do animal que será sacrificado finalmente. Moure é un autor que se interna con facilidade no terreo das emocións dos nenos e sabe transmitir cos recursos literarios moi medidos un abano amplo de sentimentos. Coñecedor da realidade saharauí e do sufrimento deste pobo, o autor podería propoñernos ir máis alá dunha lectura literal do texto e ofrecernos unha parábola dun pobo sen voz que busca liberarse do seu illamento. Como todos os bos libros non se encerran nun tema senón que se abren a moitas interpretacións.

Interpretación da obra de María Parrato.
Ficha da editorial.
Blog do autor.

2 comentarios:

Icia Cordoba 1ºA dijo...

Me gusto mucho , pero fue muy triste el sacrificio de Caramaelo :( Este escritor en MUY bueno !!! jejeje xD Salu2 :P

Icia Cordoba 1ºA dijo...

en no, era es jejeje xD