O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

25 de abril de 2011

O carteiro de Bagdad


Abdulwahid, de 11 anos, chámase como o levantador de pesas iraquí que conseguiu unha medalla olímpica de bronce, o único na historia, que a xente lembra como unha fazaña inesquecible. Vive co seu pai, Ibrahim, carteiro que reparte o correo na súa motocicleta, e Fatiha, a nai, nunha humilde casa de adobe de habitación única, no humilde barrio de Karrada, en Bagdad, na que foi a cidade máis grande da Terra e chamada Cidade da Paz. Agora, coa guerra, os comercios permanecen tapiados, el non pode ir á escola e a súa nai apenas sae de casa pola inseguridade. Só as tardes do venres toda a cidade descansa das bombas e ambulancias, á hora do rezo, ao que chaman os muecíns. Pairan os sunnitas como eles, pero pairan tamén os xiítas, que son maioría no barrio.
Non toda a cidade é igual: na selecta e protexida Zona Verde, onde o pai foi a entregar unha carta, teñen luz eléctrica. Non como eles, que teñen un xerador de gasóleo, e venderon a televisión para poder comer. Por iso teñen que ir ver en casa duns amigos o triunfo de Shada, que vive en Marrocos pero naceu en Bagdad, no concurso da "Academia das Estrelas" de Oriente Medio. Choran todos emocionados pola vitoria e despídense con bicos e abrazos: pode ser o último día que se vexan pois cada día morre algún amigo en Bagdad.
Pasan os meses e nada cambia. Un día descobre á súa nai borrando unha pintada ameazante na parede de casa. Aínda que se pon o "niqab", que lle oculta o rostro, deixando só á vista os ollos, por medo...


Blog do autor.

Trailer do libro, XVIII Premio Ala Delta, 2007:




1 comentario:

Begoña dijo...

Paréceme unha interesante obra que nos achega aos medos que temos todos nun conflicto bélico, pero neste caso redactados desde o punto de vista dun rapaz... que coma sempre pensan os adultos, parece que non se entera de nada, e sin embargo ten moito que contar.