O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

15 de febrero de 2011

Reckless










"A noite respiraba na casa como un escuro animal -lemos na súa primeira páxina-. O tictac dun reloxo. O ruxido da tarima ao saír do cuarto..., todo se afogaba no seu silencio. Pero Jacob amaba a noite. Sentía a súa escuridade como unha promesa sobre a pel. Como un abrigo tecido de liberdade e perigo. (...) No cuarto do seu irmán, como de costume, seguía acendida a luz -Will tiña medo á escuridade-, e Jacob comprobou que durmía profundamente antes de abrir o despacho do seu pai. A súa nai non o pisara dende a súa desaparición, aínda que non era a primeira vez que Jacob se coaba nel buscando as respostas que ela non quería darlle.
Era coma se John Reckless tivese estado sentado por última vez
ao seu escritorio tan só unha hora antes e non un ano atrás. (...) Volve!, escribiu Jacob co dedo nas ventás empaña¬das, no escritorio poeirento e nos cristais da vitrina onde seguían gardadas as vellas pistolas que o seu pai coleccionara. Pero o cuarto estaba en silencio e baleira. El tiña doce anos e xa non tiña pai".

Jacob Reckless cometeu un erro: despois de moitos anos de precaución, seu irmán Will cruzou o espello e foi tras el... a un mundo no que os contos máis tenebrosos se volven realidade e no que a maldición dunha fada sementa carne de pedra. Ese mundo foi fuxida e fogar para Jacob durante moitos anos e nel andou por fragas e outeiros na busca de obxetos máxicos para reis e emperadores. Pero cando a pel de Will se transformaen xade, Jacob marcha na procura dunha única cousa: a menciña que salve a seu irmán.

Carne de pedra narra as aventuras dos irmáns Jacob e Will Reckless, e está inspirada nos contos de fadas dos Irmáns Grimm. O produtor e director Lionel Wigram (Harry Potter, Sherlock Holmes) será o encargado de levar a novela á gran pantalla.

Entrevista coa autora en La Voz de Galicia

Club de fans de Cornelia Funke





3 comentarios:

Anónimo dijo...

reckless é unha novela que xoga cos clásicos contos de medo,coma o xastre e co amor de will e a sua noiva á que non lle importa se o seu noivo é de xade, demostra que o amor é cego

Anónimo dijo...

Reckless é sen dubida o libro máis imaxinativo que é lido.É moi orixinal a historia que se conta nel,o recomendo.Moitas grazas polas lecturas tan boas que nos ofrece o club de lectura.Un saudo.Zeltia.

Begoña dijo...

Non vos lembra a outras obras da literatura universal? Carapuchiña vermella, Cincenta, Brancaneves,Eduardo Manostijeras, Alicia no país das marabillas, A viaxe ao centro da terra, Hansel e Gretel, A bela e a besta, Rapunzel...?Unha sabia combinación.