O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

21 de diciembre de 2010

A banda se futuro


Carlota ten dezaseis anos e vai comezar o bacharelato nunha cidade nova e sen mar á que se trasladou a familia. Tivo que rapar a cabeza para curar un eccema e desexaría non empezar nesas condicións nun centro no que coñece a ninguén. Le no xornal unha información sobre a morte de Poch, líder do grupo dos anos oitenta Derribos Arias, pega unha foto del no seu cuarto e convérteo no confidente dos seus problemas e arelas. O seu diario, que compón o texto do libro, é a testemuña que nos transmite mesmo os seus diálogos.
Son duros os comezos no instituto co seu gorro, aínda que axiña lle aparece un valedor, Miguel, co que ela querería ter máis relación, pero el decídese pola guapa Paulina. Entre o día a día do instituto, co problema dun exame de Debuxo fixado unilateralmente pola profesora para un sábado, xorde a oportunidade de representar unha obra de teatro. Carlota vai facer un dos personaxes. Así comeza a súa continua comunicación con Moncho, que acaba declarándoselle. Cando á avoa lle aparece un cancro irremediable, parece abrirse unha porta do futuro a Carlota: xa non terá que seguir co pelo curto.


Se queres saber máis de Marilar Aleixandre podes entrar na súa páxina persoal e deste xeito coñecer o resto da súa obra, consultando a páxina da biblioteca veredes cales temos en empréstimo e unha reseña da autora cun video entrevista.

Saúde o boas lecturas no NADAL!
Aquí como agasallo vos deixamos un poema da autora ilustrado cun caligrama.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Este libro, ou mellor dito este diario, conta os sentimentos, problemas e opinións da nosa protagonista,Carlota. Este libro poida que pola portada e o seu comezo non sexa moi atractivo, pero unha vez que te sumerxes na historia cambian as tornas.
É moi bo libro ainda que no principio pareza que lle falta algo de ación e ledicía.
Juan

Anónimo dijo...

Hola la verdad es que Juán tiene razón le falta acción.Pero te mete de lleno en la historia y puede ser real.No engancha por que al principio es un autentico drama pero yo lo recomiendo.

Un saludo Sergio