O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"
14 de noviembre de 2010
1ª sesión do club de lectura de adultos: benvida a tod@s
Seis mulleres moi diferentes entre si asisten a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero onde, ao mesmo tempo, toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María Reimóndez dá a voz a estas mulleres que, dende as súas diferenzas, conseguen encontrar na unión a forza necesaria para sobrepoñerse a un presente que as nega ou menospreza. Cun estilo áxil que fai da lectura unha experiencia entretida e, ás veces, mesmo hilarante. A autora del club da calceta ofrécenos unha novela que, tras a sorpresa que causa, fai emerxer unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina. Inspiradas na figura liberadora da tía Davinia, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda fannos partícipes da súa historia dende un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista.
María Reimóndez, nacida en Lugo en 1975, é tradutora e intérprete de profesión. Tamén é fundadora e presidenta da ONG Implicad@s non Desenvolvemento e columnista en Vieiros. Deuse a coñecer en 2002 co poemario Moda galega. Dende entón publicou Caderno de bitácora (2004), polo cal recibiu o premio de novela Mulleres Progresistas de Vigo 2003, Usha, novela xuvenil que foi finalista do premio Merlín 2005 e, por último, O club dá calceta (2006), finalista do Premio Xerais de Novela 2005.
Trailer da película
Entrevista coa autora:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
No tengo ninguna duda, conozco Matildes, Elviras y Rebecas,y todas ellas crecen y se hacen valer una vez que verbalizan su vida y la contrastan con otras personas. ¡Qué triste es la soledad y cómo me ha gustado la obra!
Para Mary Félix, el libro no le gustó porque no "fluye", lo considera demasiado tendencioso. No le da más de un 5.
La obra en sí no deja indiferente. Podemos ver algún personaje que nos recuerda a alguién.
La autora entrelaza las vidas de éstas mujeres dejando algunas preguntas al lector pudiendo llegar a imaginar sus respuestas.
Desde mi humilde opinión lo que menos me gustó fue la gran facilidad para realizar sus "proyectos".
Isabel
Publicar un comentario