O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

22 de maio de 2023

Visita de autores: Francisco Narla


Hoxe pola tarde tivemos o pracer de conversar con Francisco Narla sobre Fierro e o resto da súa obra. Parte dos membros do club de lectura de adultos xuntámonos con representantes do club de lectura do CIP A Xunqueira de Fene para comentar có autor a novela Fierro, ambientada na época da reconquista, narra as aventuras dun "ataxador", un personaxe escaldado da vida, que non ten nada que perder porque xa o perdera todo, que se ve envolto nunha campaña bélica de moros contra cristiáns nunha zona onde as escaramuzas eran cotiás: o sitio de Alarcos, a batalla das Navas de Tolosa compoñen o escenario onde Fierro e o seu fiel can buscan a vinganza.
O autor descubríunos "trucos de costureira" no xeito de falar, ou máis ben, blasfemar do protagonista; os elementos de construcción da novela e do resto da súa producción literaria. Leunos o inicio da última das súas novelas Breo, e a súa querencia coa novela histórica: se non coñecemos a propia historia non podemos respetarnos nin construir un futuro.
Todo un pracer grazas a Lucía Prieto que nos propuxo a lectura e facilitounos o encontro có autor.

9 de maio de 2023

Preparando a visita a Celanova: Casa dos poetas

 

Como todos os anos anteriores estamos preparando a viaxe final do curso a Celanova, berce de tantos poetas polo que imos aproveitar para rematar o curso lendo poesía....Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro así o precisan, pero non imos esquecer a Méndez Ferrín así que vos propoñemos unha escolma poética, que podemos escoitar en Son de poetas, ademais de Amor de Artur e Fría Hortensia.


A visita a Celanova ten moito que visitar así que contaremos coa axuda da Casa dos Poetas para facer todas as visitas.

25 de abril de 2023

Beleza vermella


Seis sospeitosos cean no xardín dunha luxosa casa das aforas de Santiago de Compostela mentres o cadáver de Xiana Alén, de quince anos, xace no chan asolagado de sangue do seu dormitorio, coma se fose unha instalación artística: os seus pais, a súa tía Lía Somoza pintora de fama internacional, unha parella de amigos e a anciá tía das irmás Somoza.

Todos os indicios apuntan a Lía, pero aos poucos días esta trata de suicidarse e é internada nun hospital, o comisario Santi Abad, coa axuda de Ana Barroso, unha policía nova, forte e temperamental coa que lle irá unindo unha intensa e conflitiva ralación, deberá destapar os segredos mellor enterrados dos Alén Somoza, unha das familias máis poderosas e adiñeiradas da alta sociedade galega.


"...a beleza vermella é como un cunco de cereixas. A miña primeira profesora de pintura adoitaba dicir iso. É o primeiro que me vén á cabeza. Rexeito o pensamento porque resulta irracional. Peo non podo apartar a vista do chan da habitación. Asáltame a imaxe dun vestido branco e inmaculado sobre un enorme círculo de xelatina de amorodo que vin unha vez nunha exposición de arte moderna. Lembro o vestido. O brillo vermello da xelatina. Lembro o cheiro salvaxe dos amorodos. Cando volvín ás dúas semanas, a xelatina comezara xa o seu proceso de descomposición. Pregúntome cando empezará apudrirse este chan..."

Entrevista en El Mundo.

Entrevista en OndaCero.

18 de abril de 2023

Mande a su hijo a Marte

No es sencillo ser una adolescente y menos si eres una chica terrestre en el siglo XXIII. Elisa lo sabe bien. Como no ha sido buena estudiante, su padre, un reconocido psicólogo cibernético, ha decidido enviarla durante las vacaciones al colegio Gagarin en Marte. Evidentemente así no era como pensaba pasar sus vacaciones. Sin embargo, contra todo pronóstico, su estancia será de todo menos aburrida. Le esperan muchas sorpresas, nuevos amigos y algunos descubrimientos que cambiarán su vida para siempre.

Web do autor.

Entrevista ao autor.

Entrevista en El templo de las mil puertas.

"¿Fue Marte como la Tierra hace 4000 millones de años? National Geographic.

 «Vivimos una vida que desaparece conforme la utilizamos. El presente es tan efímero que ni siquiera podemos paladearlo porque, al instante siguiente, ya es pasado. Y puesto que el futuro aún no es nada… ¿qué nos queda? (…) los recuerdos».

11 de abril de 2023

A memoria dos paxaros

 A aparición dun mozo inconsciente nunha reserva de aves a noite do Samaín coincide cunha serie de fenómenos estraños que se empezan a dar na vila. Os despoxos de paxaro aparecen polos camiños, escóitanse chíos arrepiantes e hai cortes de luz inexplicables. A sombra dun terrible ser mitolóxico emerxe das tebras, ao tempo que un especulador de terreos asegura ter a solución a todos os problemas.

Celeste, a filla do ornitólogo e mais dunha investigadora da mitoloxía das aves, vai tentar descubrir que hai detrás de todo o que está a pasar. Que se repita ou non a traxedia que tivo lugar poucos anos atrás depende talvez da memoria que algunhas persoas valentes gardan do tempo en que as catro pedras con nome de paxaro eran veneradas.

Guía de lectura