O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

25 de abril de 2023

Beleza vermella


Seis sospeitosos cean no xardín dunha luxosa casa das aforas de Santiago de Compostela mentres o cadáver de Xiana Alén, de quince anos, xace no chan asolagado de sangue do seu dormitorio, coma se fose unha instalación artística: os seus pais, a súa tía Lía Somoza pintora de fama internacional, unha parella de amigos e a anciá tía das irmás Somoza.

Todos os indicios apuntan a Lía, pero aos poucos días esta trata de suicidarse e é internada nun hospital, o comisario Santi Abad, coa axuda de Ana Barroso, unha policía nova, forte e temperamental coa que lle irá unindo unha intensa e conflitiva ralación, deberá destapar os segredos mellor enterrados dos Alén Somoza, unha das familias máis poderosas e adiñeiradas da alta sociedade galega.


"...a beleza vermella é como un cunco de cereixas. A miña primeira profesora de pintura adoitaba dicir iso. É o primeiro que me vén á cabeza. Rexeito o pensamento porque resulta irracional. Peo non podo apartar a vista do chan da habitación. Asáltame a imaxe dun vestido branco e inmaculado sobre un enorme círculo de xelatina de amorodo que vin unha vez nunha exposición de arte moderna. Lembro o vestido. O brillo vermello da xelatina. Lembro o cheiro salvaxe dos amorodos. Cando volvín ás dúas semanas, a xelatina comezara xa o seu proceso de descomposición. Pregúntome cando empezará apudrirse este chan..."

Entrevista en El Mundo.

Entrevista en OndaCero.

No hay comentarios: