O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

7 de maio de 2026

O albatros negro

"No interior da ría de Vigo, espallados en cantiis e recunchos submarinos, consérvanse restos de batallas navais, naufraxios e vidas piratas, coma se a ría fose, en realidade, unha serpe mariña que enguliu parte da historia."

Un dos tesouros máis cobizados e enigmáticos do mundo submarino escóndese nas profundidades do océano Atlántico. Unha anciá historiadora naval podería ter a clave para rescatalo, pero morre de súpeto en estrañas circunstancias. Pietro Rivas, un subinspector que acaba de chegar á cidade, será o encargado de investigar o caso xunto con Nagore Freire, unha extravagante inspectora de Patrimonio. Cando as mortes comezan a sucederse, a policía descobre que a clave para resolvelas reside na historia do galeón Albatros Negro. E en como no ano 1700, na antiga vila amurallada de Vigo, unha moza entomóloga, xunto a un estraño fidalgo e a un corsario frade, foron capaces de cambiar o curso da historia.

No fondo dos océanos aínda se ocultan as máis belas historias do mundo.


Ningún comentario: