O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

24 de marzo de 2025

Salón do Libro 2025

preme na imaxe para ver o programa

Para sacarlle o máximo partido á nosa visita ao Salón do Libro de Pontevedra 2025 imos a comentar o seguinte:

  • Os Miserábeis O musical Miserábeis do IES Illa de Ons (Bueu) presenta unha adaptación propia, integramente en galego, a partir dunha revisión contemporánea e feminista da novela do escritor francés Victor Hugo. Esta historia, que na súa orixe transcorre na Francia do séc. XIX e das revolucións de 1830, trasládase agora a un ambiente máis galego, con referencias a temas actuais como a loita pola liberdade, a desigualdade social, a coraxe ou a revolución do pobo. Miserábeis é un proxecto de centro interdisciplinar que aposta pola aprendizaxe cooperativa e competencial, artellado a partir da posta en escena dunha obra de teatro musical para o alumnado de entre 12 e 16 anos, como procedemento para educar na igualdade e nas competencias de carácter intelectual e socioemocional.
  • Visita ao Museo Provincial  e a exposición sobre a obra pictórica de Castelao no 75 aniversario do seu pasamento. Dispoñemos dunha guía didáctica para entender mellor a exposición e máis información na Fundación Castelao.



Ningún comentario: