O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

31 de marzo de 2025

Salón do Libro 2025

 
Ver a galería

O pasado venres 28 asistimos ao Salón do Libro de Pontevedra xunto có club de lectura do IES de Breamo. Ademais da nosa visita guiada ao Salón disfrutamos dun encontro con Fran Alonso quen nos presentou a súa última obra "A revolta da lectura", asistimos ao musical Os miserabeis interpretado polo alumnado e profesorado do IES Illa de Ons de Bueu, visitamos no Museo Provincial os fondos da exposición arqueolóxica que teñen así como a sala Castelao coas súas obras... un pracer no Ano Castelao no que lembramos os 75 anos do seu pasamento.

30 de marzo de 2025

Tal día como hoxe, do ano 1880, publícase “Follas Novas” de Rosalía de Castro

 

Despois de "Cantares gallegos" (1863) e o remuíño que esta obra supuxo, Rosalía de Castro dá un paso decisivo no proceso de emerxencia do campo literario galego con "Follas novas" (1880).


Da parte V

 “As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos”

"Cando nas súas confianzas estas pobres mártires se atreven a decirnos os seus secretos, a chorar os seus amores, sempre vivos; a doerse das súas penas, descóbrese nelas tal delicadeza de sentimentos, tan grandes tesouros de tenrura (que a inteireza do seu carácter n'é bastante a mermar), unha abnegación tan grande, que sin querer sentímonos inferiores a aquelas oscuras e valerosas heroínas que viven e morren levando a cabo feitos maravillosos por sempre iñorados, pero cheos de milagres de amor e de abismos de perdón. Historias dinas de ser contadas por millores poetas do que eu son, e cuias santas armonías deberán ser expresadas cunha soia nota e nunha soia corda: na corda do subrime e na nota do delor. Anque sin forzas pra tanto, tentéi algo deso, sobre todo no libro "As viudas dos vivos e as viudas dos mortos"; mais eu mesma conoso que non acertéi a decir as cousas que era menester."

Descarga para lelo no aniversario da súa publicación.

24 de marzo de 2025

Salón do Libro 2025

preme na imaxe para ver o programa

Para sacarlle o máximo partido á nosa visita ao Salón do Libro de Pontevedra 2025 imos a comentar o seguinte:

  • Os Miserábeis O musical Miserábeis do IES Illa de Ons (Bueu) presenta unha adaptación propia, integramente en galego, a partir dunha revisión contemporánea e feminista da novela do escritor francés Victor Hugo. Esta historia, que na súa orixe transcorre na Francia do séc. XIX e das revolucións de 1830, trasládase agora a un ambiente máis galego, con referencias a temas actuais como a loita pola liberdade, a desigualdade social, a coraxe ou a revolución do pobo. Miserábeis é un proxecto de centro interdisciplinar que aposta pola aprendizaxe cooperativa e competencial, artellado a partir da posta en escena dunha obra de teatro musical para o alumnado de entre 12 e 16 anos, como procedemento para educar na igualdade e nas competencias de carácter intelectual e socioemocional.
  • Visita ao Museo Provincial  e a exposición sobre a obra pictórica de Castelao no 75 aniversario do seu pasamento. Dispoñemos dunha guía didáctica para entender mellor a exposición e máis información na Fundación Castelao.



6 de marzo de 2025

A Rosa Incandescente


Hoxe disfrutamos da compaña de Rosalía de Castro que veu a visitarnos da man dunha ferramenta incrible: o cinema. 
Grazas á creatividade e esforzo de Anxos García Fonte o alumnado de 3ºESO e 1º BAC achegouse á figura da nosa poeta máis internacional.
A Rosa Incandescente presenta as inquedanzas, dúbidas e preocupacións dunha Rosalía moi nova que xa quería ser dona de sí, asinar os seus traballos có seu nome e dar valor ao traballo dunha muller. A Rosalía doente pola súa familia, nai e fillos; a Rosalía autora, a Rosalía feminista é a representada na curta de Anxos García Fonte, guionista e produtora que soubo escoller os ambientes interiores e exteriores da nosa terra cunha gran sensibilidade.
Un privilexio contar con ela no noso centro para achegar aos rapaces a súa figura.

Moitas grazas Anxos e a todos os que a axudaron a crear esta marabilla.

3 de marzo de 2025

El chico de la flecha

Marco es un chico como cualquier otro que podríamos encontrar hoy en día: inteligente, sensible, con muchas cualidades y también muchos miedos. Con doce años, se encuentra en esa edad en la que la vida cambia para siempre; en la que deja atrás al niño sin responsabilidades y comienza a dar pasos en el camino de los adultos. Su historia y sus preocupaciones podrían ser las de cualquier otro adolescente, y sus errores, muy parecidos.

La única diferencia es que Marco vive en el siglo I d. C. en Emerita Augusta, la actual Mérida, una ciudad de la Hispania romana donde conviven ciudadanos libres con esclavos, donde las mujeres se encuentran tuteladas por sus familiares, y donde la sociedad, aunque sofisticada, disfruta de entretenimientos violentos.

Marco, junto con su amigo Aselo, se equivocará, aprenderá a pedir ayuda y, en definitiva, hará lo que cualquier otro chico de su edad: crecer.