O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

11 de abril de 2024

Hamnet

Mellor novela de 2021 segundo o diario El País.

Agnes, unha rapariga peculiar que parece non render contas a ninguén e que é capaz de crear misteriosos remedios con sinxelas combinacións de plantas, é o díxomedíxome de Stratford, un pequeno pobo de Inglaterra. Cando coñece a un mozo preceptor de latín igual de extraordinario que ela, dáse conta enseguida de que están chamados a formar unha familia. Pero o seu matrimonio verase posto a proba, primeiro polos seus parentes e despois por unha inesperada desgraza. 
 Partindo da historia familiar de Shakespeare, Maggie O’Farrell transita entre a ficción e a realidade para trazar unha hipnótica recreación do suceso que inspirou unha das obras literarias máis famosas de todos os tempos. 
A autora, lonxe de fixarse unicamente nos acontecementos coñecidos, reivindica con tenrura as inesquecibles figuras que habitan nas marxes da historia e profunda nas pequenas grandes cuestións de calquera existencia: a vida familiar, o afecto, a dor e a perda. O resultado é unha prodixiosa novela que cultivou un enorme éxito internacional e confirma a O’Farrell como unha das voces máis brillantes da literatura inglesa actual.

Shakespearando 8 da editorial Trotalibros.

No hay comentarios: