Non foi doado para Isla
mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo
polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do
universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que
empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a
Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até
ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia
que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo
todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real… Quedaron
para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi
entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na
escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre.
Lamentablemente os temas que inclúe a novela non son alleos á mocidade nos institutos hoxe día: acoso escolar, adolescencia, amizade, amor, delincuencia ou internet.
Esta obra levou o Premio
Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil 2012 e o Premio Asoc. de Escritores en
Lingua Galega (Infantil/Xuvenil), 2012.
O corazón de Xúpiter! from SonCine on Vimeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario