Conta nove estrelas é unha obra de ficción
científica para rapaces que sucede na descoñecida Galaxia Oma. No máis remoto
planeta desta galaxia, oculta nunha pequena cabana, vive unha rapaza de cabelo
turquesa chamada Quepi que ten o extraordinario don de comunicarse coa
natureza.
Todos os días da súa vida están rexidos polas Tres Normas Inquebrantables que o avó Acasi impuxo a Quepi para protexer a esa nena tan singular. Ata que un día, Quepi ve un pequeno ser branco, tan fermoso, que as regras deixan de importarlle, tan especial que fará que se embarque, xunto ao seu irmán Udai, nunha inesperada aventura que os levará a desafiar os límites do universo coñecido.
Se es fan do universo ou simplemente che apetece cambiar un pouco de galaxia, mergúllate nesta historia de aventuras e sorpresas, que fala tamén de valores do noso mundo, como a familia, a tolerancia e o poder dos nosos soños.
Premio Lazarillo 2018, reseña en Papel en Blanco
Ningún comentario:
Publicar un comentario