O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

21 de septiembre de 2022

Roteiro Urueña de Pérez Gellida e Jeromín


Este fin de semana iniciamos a nosa andaina có club de lectura de adultos e un roteiro que nos quedara pendente ao remate do curso pasado e que cambiamos polo de a Moaña e Vigo de Domingo Villar. Naquel momento quixemos facerlle unha homenaxe a este autor tan querido recentemente falecido.
Agora aproveitamos que se celebra a Ruta Jeromín a Juan de Austria na zona de Urueña para reconectar con unha novela negra moi especial dun dos autores máis recoñecidos do panorama nacional actual, César Pérez Gellida. No vídeo podedes ver a entrevista cando presentou a novela na Feria do Libro de Murcia e no post do 24 de maio a recensión da novela que se asenta en Urueña, vila do libro por excelencia.
Nas vindeiras datas colgaremos as fotos do roteiro, agora vos deixamos o boletín do noso roteiro e a información da Ruta de Jeromín a Juan de Austria.




No hay comentarios: